Veciños de Lugo convocan unha concentración para reclamar o fin das obras do Plan Paradai

A Federación de Asociacións Veciñais da Provincia de Lugo Lucus Augusti xunto coa Plataforma pola Defensa da Zona Norte convocan para o próximo 30 de xuño ás 20:00 horas unha concentración no fondo da Calzada das Gándaras, na confluencia coa rúa Sierra de Meira, para reclamar a finalización das obras pendentes do Plan Paradai, concretamente as que afectan a Serra de Meira e Calzada das Gándaras.
Este plan, iniciado en 1999, sufriu distintas fases de execución ao longo destes anos, pero aínda permanecen sen rematar as dúas citadas obras. No caso de Serra de Meira, a Xunta de Galicia reserva anualmente 500.000 euros que nunca se executan. Así, tras tres décadas de espera, os veciños esixen que se complete esta intervención que afecta especialmente aos barrios de Paradai, As Gándaras e Sagrado Corazón.
A concentración terá un carácter simbólico, xa que cada asistente levará unha vela para representar a longa espera e a esperanza dun final próximo. Ao remate, lerase un manifesto a cargo de representantes das asociacións veciñais destes tres barrios.