Veciños de Lugo denuncian a mala iluminación de varias rúas da zona da Abella

LugoXa
Veciños da zona da Abella denuncian a mala iluminación de varias rúas da zona, polo que piden que se substitúa por outro.
iluminacion calles
20 May 2021

Dende a Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti da provincia de Lugo, despois de reunións con veciños da zona, denuncian o estado do sistema de iluminación vixente na rúa Escultor Asorey, na rúa Portugal e rúa río Lor, polo que piden que se substitúa por outro máis moderno, de maior potencia lumínica e de menor custo.

"Cabe sinalar, ademais, que no caso da rúa Escultor Asorey, a localización concreta das luminarias coincide, en algún caso, cunha árbore, polo que deixa ao resto da vía en penumbra", indicaron dende a federación Lucus Augusti.

Por esta razón, dende a propia federación anteriormente mencionada, solicitan á Concellería de Movilidad e Infraestruturas do Concello de Lugo que "acometa a remodelación do sistema de iluminación vixente na actualidade, nas rúas arriba mencionadas, dado que contan cun sistema de iluminación obsoleto –de 30 e ata 40 anos de antigüidade-, de escasa potencia lumínica, elevado custo, escaso en número de puntos de luz e, en moitos casos, mal  situado, o que supón un risco importante para as numerosas persoas que a diario circulan por estas vías da nosa cidade".

Dende a Federación Lucus Augusti espérase que dita solicitude sexa tida en conta pola Administración con competencia directa nesta materia: a Concellería de Movilidad e Infraestruturas do Concello de Lugo.

rua escultor asorey

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18721199035645