Veciños de Lugo piden a reparación de beirarrúas no Carme

LugoXa
A Federación de Veciños Lucus Augusti da provincia de Lugo denunciou o mal estado no que se atopa a beirarrúa da Ronda do Carme.
berrarruas barrio residencia
20 Abr 2021

A Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti da provincia de Lugo denunciou o mal estado no que se atopa a beirarrúa da Ronda do Carme, en concreto nas proximidades da Fonte dos Ranchos e Avenida das Américas.

Por esta razón, solicitan á Concellería de Vías e Obras do Concello de Lugo a reparación das mesmas de maneira urxente. Defenden que "presentan un aspecto lamentable, ademáis de ser moi antigas, e, sobre todo, supoñen un considerable risco á multitude de transeúntes que as percorren a diario. Numerosas fochancas, socavóns, roturas constitúen unha imaxe moi negativa e de deixadez e, por riba de todo, tradúcense en motivos reais e diarios de risco á seguridade vial para as numerosas persoas –moitas delas, de avanzada idade ou con dificultades para a mobilidade- que cada día circulan por elas".

Ronda Carme beirarruas
0.19958400726318