Veciños de Lugo piden o arranxo da rúa Frei Plácido Rei Lemos

LugoXa
A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti urxen ao Concello de Lugo o arranxo do firme da rúa Frei Plácido Rei Lemos.
Arranxo Frei Plácido Rei Lemos
9 Jun 2022

A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti, da provincia de Lugo, vén de solicitar ao Concello de Lugo, a través dun escrito, a reparación urxente do firme da rúa Frei Plácido Rei Lemos da cidade de Lugo.

Xunto ao escrito, a federación veciñal enviou imáxenes do que tildaron “lamentable estado actual” desta vía. As fochancas, din, “son inasumibles, tanto en número como en dimensións”. E, segundo o colectivo veciñal, resulta “incompatible” cunha correcta circulación de vehículos e viandantes “moi numerosos e de frecuencia diaria”.

Unha rúa que, tal e como lembran, atópase nas inmediacións directas do Parque Rosalía de Castro, polo que resaltan tamén a “penosa imaxe que ofrece tanto a turistas como aos propios lucenses”.

Dende a Federación de Asociacións Veciñais instan ao Goberno local, a que acometan “de forma urxente” a solicitada reparación do pavimento da rúa Frei Plácido Rei Lemos.

0.10225200653076