Veciños de Montirón, en Lugo, denuncian o estado do barrio

LugoXa
Reclaman ao Concello actuacións para salvar as deficiencias existentes. Fochancas no pavimento e falta de beirarrúas, son algunhas delas
29 Jan 2021

A Federación de Asociacións Veciñais de Lugo vén de trasladarlle ao Concello as queixas de veciños de Montirón por mor do estado das rúas deste barrio e pídenlle que, con cargo aos orzamentos municipais, deseñen as actuacións precisas para mellorar esas deficiencias.

Os representantes veciñais aseguran que o barrio precisa "importantes melloras" en moitas das súas rúas. Aluden directamente ás rúas Virxe da Esperanza,  Illa da Toxa e Rof Codina, das que explican que carecen de beirarrúas nas dúas marxes. Da rúa Rof Codina, unha das máis importantes do barrio lucense, din que precisa tamén actuacións no firme, que poñan solución ás fochancas existentes no pavimento, así como no sistema de alumeado, que é antigo.

Por último, no escrito dirixido á concellería de Vías e Obras, os veciños quéixanse tamén da situación da rúa Farallóns, "que está a metade sen urbanizar, e que ten importantes tapóns urbanísticos nas dúas marxes".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18760991096497