Veciños de Rábade viaxarán a Lugo para asistir á represetación de 'O libro da selva'

O Concello de Rábade ofrece este mes dúas actividades culturais e de lecer pensadas para todos os públicos, cun calendario que combina espectáculos, música e iniciativas participativas.
Entre as citas destacadas figura a asistencia á representación do musical O Libro da Selva, que terá lugar este domingo, 12 de abril, no Auditorio Gustavo Freire ás 18:30 horas, nunha sesión dirixida a público familiar. A viaxe será en bus, que sairá ás 17.45 do Concello e ten un prezo de 3 euros.
Ademais, o sábado 18 celebrarase a actividade Recheo de Primavera, que terá lugar ás 18.00 horas, no centro sociocultural, con sorteo de agasallos e de balde. Trátase dunha actividade dirixida a adultos.
Dende a organización salientan que este tipo de iniciativas buscan achegar a cultura á veciñanza, ofrecendo propostas accesibles e variadas que permitan gozar do tempo de lecer en comunidade. O programa complétase con opcións pensadas para diferentes idades, consolidándose como unha aposta pola dinamización cultural durante a primavera.