Veciños de Rábade viaxarán o día 14 a Ourense e Allariz

LugoXa | TerraChaXa
A visita inclúe tamén o Museo Vicente Risco e o tradicional poboado navideño, un dos atractivos máis destacados da vila nestas datas
Ourense-vista-xeral-recurso
8 Dec 2025

O Concello de Rábade organiza o domingo 14 de decembro unha excursión a Ourense e Allariz, unha proposta cultural e turística que inclúe seguro, autobús, entradas e comida por un prezo de 35 euros. As inscricións poden realizarse na Área de Cultura e Deporte, e as prazas son limitadas.

A saída está programada para as 9:30 horas e o regreso para as 20:00 horas. En Ourense, as persoas participantes poderán visitar puntos emblemáticos como As Burgas, a Catedral, a Praza Maior ou a Praza do Trigo, ademais da Ponte Romana, a igrexa de Santa María Nai e a Praza do Ferro.

A xornada completarase cun percorrido por Allariz, cuxo casco antigo está declarado Conxunto Histórico-Artístico. A visita inclúe tamén o Museo Vicente Risco e o tradicional poboado navideño, un dos atractivos máis destacados da vila nestas datas.

Con esta iniciativa, o Concello de Rábade ofrece unha actividade pensada para disfrutar do patrimonio histórico e cultural da provincia nun ambiente festivo previo ao Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.091153144836426