Estabilizado o incendio de Baleira que afecta xa a 1.400 hectáreas

LugoXa
O incendio de Baleira, que deu comezo na tarde do martes, afecta xa a 1.400 hectáreas segundo informan dende Medio Rural
incendio forestal lume
30 Mar 2023

O incendio forestal do municipio de Baleira está estabilizado e a Consellería do Medio Rural vén de desactivar a situación 2 de emerxencia ao remitir o perigo para os núcleos de poboación. Esta situación operativa de emerxencia declarouse onte pola tarde debido á proximidade do lume ao núcleo do Fórneas.

O lume que de comezou o martes ás 17.00  na parroquia de Cubilledo está sendo dificil de extinguir debido ás fortes rachas de vento e xa hai un total de 1.400 hectáreas afectadas.

Polo momento mobilizáronse para o seu control 4 técnico, 24 axentes, 41 brigadas, 23 motobombas, 3 palas, 1 unidade técnica de apoio, 2 avións, 3 helicópteros e UME

A Consellería do Medio Rural recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21591091156006