Veljko Mrsic, adestrador do Breogán: "A afección é moi leal e familiar e estivo sempre ao meu lado"
Por Diego Rouco
Falamos cunha das estrelas que fixeron vibrar o Pazo dos Deportes para que o Breogán siga un ano máis na ACB: Veljko Mrsic. O “Godzilla” que fixo tremer a Lugo naceu o 13 de abril de 1971, en Split RFS, Iugoslavia, na actual Croacia, foi xogador e agora, adestrador. A súa carreira comezou cando tiña 14 anos, formando parte de equipos croatas, por exemplo, nas categorías xuvenís do Cibona de Zagreb e tamén en conxuntos da nosa liga como foi o Unicaja Málaga na tempada 1999-2000.
Veu para Lugo para substituír a Paco Olmos cunha afección cabreada polo plantón do adestrador. No Breogán reencontrouse ata o 2022 co bosnio Dzanan Musa, que agora está no Real Madrid. Grazas a Mrsic, ao equipo técnico e ao cadro de xogadores, o venres 10 de maio máis de 5.000 persoas saltaron de alegría ó ver que o equipo da nosa cidade estará un ano más na categoría superior de baloncesto en España despois de vencer ao MoraBanc Andorra (97 – 92).
Gañou 3 medallas de bronce na súa traxectoria como xogador, de cal garda un recordo máis especial?
A do EuroBasket de 1995 contra Grecia, país onde se celebraba o torneo. Quedamos 73-68 en Atenas con 20.000 afeccionados en contra de Croacia, o meu equipo.
Con que faceta se quedaría coa de técnico ou coa de xogador?
Con ambas, aínda que son mundos diferentes.
Estivo como preparador da Selección de Croacia, como deu o paso a poñerse á fronte dun equipo como o Breogán?
Gústame moito a Liga Española e vin que Lugo era unha cidade pequena, pero que acolle a xente de fóra e quedeime. O que máis me gusta de aquí é que a xente é boa, honrada e que teño amigos.
Destacaría a algún xogador?
Para min son todos xeniais, grandes persoas e amigos.
Que pensa da afección?
Que é moi leal, moi familiar e, sobre todo, que estivo sempre a meu lado.
Outra das afeccións que nunca falla é a do Obradoiro. Que opina do descenso do club?
Foi unha mala noticia, para a ACB, para Galicia e sobre todo para todo o que fixo durante 13 anos a unha cidade como é Santiago de Compostela e a súa afección.
Fálase dunha posible renovación. Que nos pode adiantar sobre o seu futuro na bancada lucense?
Estou moi contento co club, coa afección, cos xogadores, coa cidade e a súa xente. Pero saberase en breve se continúo ou non.
Que lle diría aos lucenses se continúa sendo o máximo responsable do conxunto?
Que sempre estean cos xogadores e o seu equipo técnico, xa que así daranlles alegrías e éxitos.