Veljko Mrsic deixa de ser adestrador do Club de Baloncesto Río Breogán

Veljko Mrsic deixa de ser adestrador do Club de Baloncesto Río Breogán de Lugo despois de pasar por tres tempadas distintas no club, desde xaneiro de 2022 ata decembro de 2024.
“Finaliza a etapa dun adestrador que deixou rexistros históricos para o club, como unha clasificación para Copa do Rey, clasificación para competición europea e dous títulos de Copa Galicia”, din desde o CB Breogán, que agradece Veljko todo “o seu traballo e profesionalidade na súa etapa á fronte do equipo celeste, desexándolle os maiores éxitos profesionais e persoais”.
O adestrador croata dirixiu 111 encontros oficiais, 94 na ACB, 1 na Copa do Rei, 10 na Basketball Champions League e 6 en la Copa Galicia.