Veljko Mrsic renova como adestrador do Breogán
Veljko Mrsic continuará unha tempada máis fronte ao Breogán. A pesar de recibir ofertas para adestrar en distintas ligas europeas, o croata, que chegou para substituír a Paco Olmos no 2022, aposta porque o seu futuro se quede en Lugo. A entidade e o técnico chegaron a un acordo para a súa renovación e e manterá a súa filosofía e o seu traballo no club, co que o equipo logrou a permanencia na liga ACB.
Veljko Mrsic cumprirá a súa cuarta tempada á fronte do banco celeste. O adestrador liderou ao equipo celeste en tres tempadas históricas que incluíron unha participación en Copa do Rei e o regreso á competición Europea. "A renovación do adestrador é o primeiro e importante paso para iniciar a confección do equipo que defenderá a camiseta do Río Breogán nunha nova tempada en Liga Endesa", apuntan dende o club.