Véndese unha nova parcela no polígono da Gándara, no Concello de Friol

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou a compra venda dunha nova parcela no polígono da Gándara, no Concello de Friol.
Trátase da parcela número 11 que foi vendida á empresa Daniel Santos Dablanca, dedicada á reparación de maquinaria, por un importe de 33.412 euros.
Deste xeito, neste polígono a institución provincial ten vendidas 30 parcelas, das 55 existentes, quedando libres 25 parcelas.
José Tomé asegurou que, con esta nova operación, “conseguimos superar o 50 % da ocupación no parque empresarial friolés, favorecendo o asentamento de novas empresas e contribuíndo ao impulso da actividade económica na nosa provincia”.
O Polígono da Gándara conta cunha superficie total de arredor de 91.000 metros cadrados de solo urbano industrial, dos que uns 38.000 m² permanecen dispoñibles para a implantación de novos proxectos empresariais.
Esta infraestrutura continúa a consolidarse como un espazo estratéxico para o desenvolvemento económico e industrial da comarca, pola súa situación privilexiada, preto da cidade de Lugo e ben comunicada con outros puntos da provincia.