Verbenas, xogos populares e comida veciñal nas festas de Queizán, no Corgo

LugoXa
Queizán, no muncipio do Corgo, celebra un ano máis as súas festas neste mes de agosto, concretamente os días 10 e 11
festas-fogos-artificiais-celebracion
Foto recurso
5 Ago 2024

Queizán, no muncipio do Corgo, celebra un ano máis as súas festas neste mes de agosto, concretamente os días 10 e 11. A cita na honra a Santa María comezará o vindeiro sábado a partir das 23.30 horas coa actuación de Cerbatana e Show Latino, formacións que amenizarán a verbena para o desfrute de veciños e asistentes.

O programa continúa o domingo 11 ao mediodía. A partir das 13.45 terá lugar a misa solemne, seguida do sorteo e da sesión vermú. Nesta xornada a gastronomía tamén será protagonista, pois a partir das 15.00 horas terá lugar a comida veciñal. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, poderán gozar de xogos populares e competicións variadas. A música volverá ser protagonista pola noite coa verbena, que dará comezo ás 23.00 horas, da man de Os Trasnos. A romaría conta coa colaboración do Concello do Corgo e da Xunta de Galicia.

festas_queizán
0.10604095458984