Vero Rilo achega ao MIHL a súa selección de contos de autora

LugoXa
O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle xoves 4 de abril a partir das 18.
mihl_actividades_animacion_a_lectura
31 Mar 2024

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle xoves 4 de abril a partir das 18.00 horas o espectáculo de contos de Vero Rilo. En Elas, Rilo fai unha selección de contos de autora, tradicionais, de recollida e adaptación persoais onde a igualdade convive de xeito transversal en todas elas.

As entradas, que son de balde, poden adquirise a través da web. As persoas adultas que acompañen aos nenos e nenas aos contacontos terán que retirar tamén entrada. Para dar preferencia ao público infantil, permitirase só un acompañante adulto por unidade familiar e entregaranse un máximo de tres entradas por persoa.

0.19678807258606