Vía Galega e Galiza Cultura conmemoran en Lugo o 117 aniversario da estrea do Himno Galego

LugoXa
O acto deste ano será diante da Deputación Provincial ás 12.00 horas e contará coas actuacións da Coral Lucus Terra (do alumnado do IV Ciclo da USC) e Cántigas e Frores
interpretacion-aniversario-himno-galego
19 Dec 2024

Vía Galega e Galiza Cultura conmemoran este venres, 20 de decembro, o 117 aniversario da estrea do Himno Galego no Gran Teatro da Habana cun acto baixo o título de 'Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego'.

En Lugo, é o segundo ano consecutivo que se celebra, e haberá actividades para lembrar a estrea solemne do Himno en 1907 na Habana e para coñecer a súa xénese, a súa historia e o seu significado.

O acto deste ano será diante da Deputación Provincial ás 12.00 horas e contará coas actuacións da Coral Lucus Terra (do alumnado do IV Ciclo da USC) e Cántigas e Frores, coro que gravou por primeira vez o Himno Galego; ámbalas dúas dirixidas por Bruno Villamor Gay.

O acto rematará coa interpretación do himno galego completo, coa súa letra restaurada, de acordo co texto fidedigno, que fora creado, por Eduardo Pondal para o Certame Musical, convocado en 1890 na Coruña e organizado por Pascual Veiga.

Con este acto, ademais de conmemorar o día, "queremos que sirva para chamar a atención ao Parlamento Galego e, para que definitivamente restaure oficialmente a letra do Himno", destacan desde as entidades galeguistas.

Ademais, agardan que o Propio Parlamento "aborde a edición dunha publicación para distribuílo masivamente, nomeadamente nos centros educativos e en todo tipo de entidades”.

⚙ Configurar cookies
0.63257098197937