Vía Galega organiza un relatorio e o izado da bandeira galega esta semana en Lugo

Vía Galega organiza este martes 14, unha palestra no Méndez Núñez, ás 20.00 horas da tarde sobre As ensinanzas da I Asemblea Nacionalista de 1918, que será impartida polo historiador Uxio-Breogán Diéguez Cequiel.
Esta sesión englóbase dentro da campaña de popularización e propagación dos símbolos nacionais, o himno e a bandeira. Está a realizar diferentes actividades por Galicia con este obxectivo.
Así, ademais do relatorio deste martes, o sábado 18 está previsto un acto de colocación e izado dunha bandeira galega no auditorio Gustavo Freire. Será a partir das 12.00 horas.
Escolleron esta data xa que se cumpren 105 anos da aprobación do programa-manifesto das Irmandades da Fala.