Vicente Blanco abre na galería Néboa unha nova exposición
O próximo venres 2 de febreiro ás 19:00h inaugurase a mostra individual Os coleccionistas de formas de Vicente Blanco na Galería Néboa (Lamas de Prado 31, Lugo).
Os coleccionistas de formas é a primeira exposición individual de Vicente Blanco en Lugo coa que presenta unha colección de debuxos que xorden da observación da súa contorna inmediata: as zonas rurais de Galicia, onde as tradicións, a arquitectura, a paisaxe e a lingua estanse a esvaecer absorbidas polos modelos neoliberais que priorizan o luxo e o exotismo.
Vicente Blanco (Cee, 1974) é Licencidado en Belas Artes na especialidade de Escultura pola Universidade de Vigo (1997) e Doctor en Belas Artes pola Universidade de Granada (2012). Blanco expuxo en prestixios museos de arte contemporánea como o MNCA Reina Sofía (Madrid), CGAC (Compostela), MARCO (Vigo) e o MUSAC (León). Entre os seus últimos proxectos individuais destaca a mostra Los cuerpos inesperados na Galería silvestre (Madrid), O bruto delicado no Espacio Sirvent (Vigo), Contrato para paisaje na Galerie van der Mieden (Amberes) e Otra vez algo nuevo na Galería Elba Benítez (Madrid). E de forma colectiva: Norte Silvestre e Agreste na Galeria Municipal do Porto (Oporto), Derrotas: formas de pensar en NORMAL (A Coruña), Persistencia e Animación, Sociedade Nacional de Belas Artes (Lisboa), etc.
Vicente Blanco foi distinguido recentemente coa bolsa da Fundación Pollock-Krasner (2023) e a súa obra está presente en destacadas coleccións como a Fundación María José Jove, o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, entre outros. Dende o 2013 reside en Coeses, unha pequena parroquia do concello de Lugo. Imparte clases na área de Didáctica da Expresión Plástica da USC na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e ademáis, xunto con Salvador Cidrás e Estela Freile, é un dos fundadores do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada, un colectivo formado por diferentes profesionais do ámbito das artes, a arquitectura, a filosofía e a Educación Infantil e Primaria.