Vicepresidencia da Deputación presentou en Becerreá as axudas do programa Marela

LugoXa
A casa da cultura de Becerreá acolleu o acto no que se detallaron os requirimentos para solicitar as achegas
charlas-becerrea-programa-marela
10 sep 2024

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantivo un encontro informativo sobre o programa de axudas a ganderías de Raza Rubia Galega Marela! na Casa da Cultura de Becerreá.

A deputada Iria Castro presentou o acto no que se detallaron os requirimentos e a documentación precisa para solicitar as axudas, destinadas ás ganderías que recrían animais desta raza autóctona.

Iria Castro explicou que "a través deste programa a área de Rural pretende apoiar economicamente as ganderías que apostan por esta raza autóctona, e recoñecer un traballo que, ademais de xerar unha actividade económica importante, contribúe á conservación do territorio e ao mantemento da poboación no rural" e subliñou que "o obxectivo das reunións informativas, que se están a desenvolver en diferentes puntos a provincia, é dar a coñecer o programa e facilitar ás gandeiras e gandeiros a información necesaria para facilitar o procedemento de solicitude, e tamén manter o contacto directo co sector para recoller as suxestións que nos queiran formular"

O programa, que conta cun orzamento de 200.000 euros, contempla axudas para as ganderías que recrían animais desta raza autóctona -nacidos na propia granxa-. As achegas son de 400 euros por xata, ata un máximo de 6 animais por granxa. O prazo de solicitude das axudas está aberto ata o 23 de setembro.

0.095916032791138