Vicepresidencia da Deputación renova o convenio coa Fundación Manuel María
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo renova a colaboración coa Fundación Manuel María, dedicada a manter o legado e a memoria do poeta chairego.
A deputada de Cultura Iria Castro e o presidente da entidade Alberto Ansede asinaron o convenio de colaboración que dá un apoio económico estable á actividade que desenvolven durante o ano, centrada na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei
Este espazo, que acolle a biblioteca, manuscritos e obxectos persoais de Manuel María, serve, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa figura e obra grazas a unha ampla axenda de actividades e intercambios cutlurais e a creación de recursos especialmente para as xeracións máis novas.
Durante o encontro, Alberto Ansede deu conta da recente edición de biografías ilustradas e guias de lectura adaptadas para público novo e da creacións de dous xogos de mesa baseados na poesía de Manuel María.
Iria Castro valorou o esforzo da Fundación Manuel María por buscar fórmulas para manter entre as xeracións máis novas o vínculo intelectual, literario, pero tamén emocional que moitas e moitos de nos temos cun escritor que nos levou ás primeiras lecturas en galego” e destacou “que renovamos esta colaboración nunha data simbólica, na que se cumpren dezanove anos do pasamento de Manuel María, finado en 2004”.
A área de Cultura achega 50.000 euros para gastos de funcionamento e actividade da Fundación Manuel María.