Víctor Narro novo xogador do CD Lugo

LugoXa
O CD Lugo confirma a chegada de Víctor Narro como novo xogador do primeiro equipo.
Victor Narro cd lugo
14 Ago 2023

O CD Lugo confirma a chegada de Víctor Narro como novo xogador do primeiro equipo. Narro, natural de Palma de Mallorca, desempéñase na posición de extremo, e aterra no Anxo Carro tras consolidarse como un dos xogadores novos máis destacados da categoría.

Tras pasar polas canteiras do Vilarreal CF e Real Valladolid, o atacante chega á cidade amurallada despois de vestir as camisetas do RC Deportivo e Atlético Baleares a pasada tempada.

O xogador chega para fortalecer a parcela ofensiva do equipo con velocidade, descaro e mocidade. Narro firma por unha tempada, máis outra opcional, e a súa presentación será este mércores ás 09.30 horas, no Anxo Carro.

0.15128397941589