Viladonga, en Castro de Rei, estará de festas
LugoXa | TerraChaXa
Contará o sábado con Los Satélites, París de Noia e o dúo Eclipse e o domingo co trío D'Nika
26 sep 2024
A parroquia de Viladonga, en Castro de Rei, estará de festas esta fin de semana na honra á Virxe do Rosario.
O sábado haberá misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e sesión vermú a cargo do dúo Eclipse. A verbena estará amenizada polas orquestras Los Satélites e París de Noia.
O domingo, a misa será á mesma hora, seguida da procesión e unha sesión vermú de fin de festa co trío D'Nika.
A organización lembra que haberá carpa.