Vilar de Donas, escenario da XXXI Feira do Cabalo Comarca da Ulloa
Vilar de Donas, en Palas de Rei, será esta vindeira fin de semana epicentro do mundo do cabalo. A parroquia será escenario da XXXI Feira do Cabalo Comarca da Ulloa o domingo 18 de agosto. A cita está organizada por A Capela de Vilar de Donas e o Concello de Palas de Rei.
Nas últimas edicións, a actividade que comezaba ás 10.30 coa apertura do recinto feiral que contaba con variadas probas de competición entre as que se encontran andadura serrada, andadura chapeada, pura sangue árabe, cruzados, país ou burros. Os animais que participen tiñen que ser maiores de dous anos e ter a correspondente documentación que acredite a súa raza. As inscricións realizábanse no propio recinto entre as 10.00 e as 12.00 e os premios que se repartían en cada categoría ascendían a case 2500 euros.