Vilachá de Mera organiza as súas festas patronais o 23 e o 24 de marzo

LugoXa
Vilarchá de Mera celebra as súas festas o vindeiro sábado 18 e domingo 19 de marzo con dúas xornadas cheas de música
vilachademera
vilachademera
25 Feb 2024

Vilachá de Mera, en Lugo, celebra as súas festas na honra a San Xosé os vindeiros sábado 23 e domingo 24 de marzo con misa solemne, sesión vermú e verbenas. O sábado as celebracións darán comezo ás 13.30 cunha misa solemne para continuar cunha sesión vermú e verbena xa pola noite cargo das orquestras Stereo e Cinema, que serán as encargadas de encher de música o campo da festa.

O domingo 24 a misa solemne terá lugar tamén ás 13.30 horas e a continuación unha sesión vermú co dúo Eclipse. Dende a organización recordan que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.069917917251587