Vilarello da Igrexa, en Cervantes, celebra as súas festas

LugoXa
Haberá misa seguida de sesión vermú e sesión de tarde con Os Xardois e Os Gaioleiros
fogos-artificiais-festas-patronais
Foto recurso
11 Ago 2024

Vilarello da Igrexa, en Cervantes, celebra as súas festas o 14 e 15 de agosto. O mércores haberá gran verbena a partir das 00.00 horas co grupo musical Madstur e DBC. O día 15 haberá pasacalles, a partir das 12.00 horas, da man de Ardora. Posteriormente, haberá misa seguida de sesión vermú e sesión de tarde con Os Xardois e Os Gaioleiros. Xa ás 20.00 comezará a actuación do Dúo Dilema que tamén amenizará a verbena a partir das 23.30 horas xunto con DBC.

0.15280103683472