Volve a andaina popular de Balgos ao Castro de Santa María en Cervantes

O domingo 5 de abril volverá a celebrarse unha das andainas populares máis esperadas de Cervantes e da Semana Santa, a ruta que une Balgos, Tarnas, Couso, Sabadelle e o Castro de Santa María. A actividade comezará ás 10.30 horas, con saída e chegada en Balgos, e ten un grao de dificultade medio.
Organizada polos veciños de Balgos, a andaina busca ofrecer unha xornada ao aire libre combinando exercicio e natureza, permitindo aos participantes coñecer a contorna do Castro de Santa María mentres percorren os distintos puntos do itinerario.
Os interesados en participar poden anotarse nos teléfonos dos organizadores, Manolo (686077477) ou José (616788962). Desde a organización tamén se agradece a todos os que fan posible estas iniciativas, que contribúen a manter viva a actividade social e cultural de Cervantes.