Volve a campaña 'Xogamos pola Igualdade' que fomenta os xogos e xoguetes non sexistas polo Nadal

LugoXa
Vuelve la campaña 'Xogamos pola Igualdade' que fomenta los juegos y juguetes no sexistas por Navidad en Lugo.
campaña Xogando en Igualdade
16 Dec 2021

A área de Muller e Igualdade do Concello de Lugo retoma un ano máis a campaña que fomenta os xogos e xoguetes non sexistas polo Nadal.

O obxectivo desta campaña é concienciar á cidadanía e promover a igualdade de oportunidades dende idades temperás para que as nenas e nenos poidan decidir sobre os xogos e xoguetes que máis lles gustan sen que a súa elección teña connotacións de xénero. A iniciativa céntrase en apelar á responsabilidade das familias á hora de escoller os regalos para as crianzas.

A Casa da Muller editou a guía Xogamos pola Igualdade na que se recollen 10 claves ou aspectos a ter en conta para unha elección libre de prexuízos sexistas, que priorice xogos potenciadores de todo tipo de habilidades, que fomenten a igualdade e a comunicación entre nenos e nenas participantes e que propicien o xogo cooperativo e sen actitudes violentas.

Este material divulgativo entregarase nas escolas infantís, nos colexios, nas xogueterías e noutros establecementos de venda de xoguetes e en centros comerciais e de lecer infantil, entre outros. Tamén se entregará nos programas municipais Aulas Abertas e Aprende Xogando, así como no Pazo de Feiras e Congresos, que acolle actualmente a feira Xuvenlugo.

Os xoguetes, ferramentas coas que aprender
Os xoguetes son elementos que axudan á construción da identidade individual propia dos nenos e nenas e a desenvolver a súa autonomía.

Un estudo recente do Instituto da Muller presentado a finais do 2020 reflexa que o 38’5% de anuncios de xoguetes amosan ás nenas replicando arquetipos femininos de beleza ou de coidadora e nai/esposa, que case no 22% dos xoguetes para nenas se emprega a cor rosa e que en aproximadamente a metade dos anuncios protagonizados por nenas, elas xogan con bonecas mentres que, nos protagonizados por nenos, o 45% xoga con figuras de acción ou vehículos, ao igual que na publicidade protagonizada por nenas o 58% dos xoguetes non teñen funcións electrónicas nin mecánicas.

Malia que nos últimos tempos as marcas de fabricantes cambiaron nos seus catálogos e foron eliminando estereotipos sendo cada vez máis frecuentes as imaxes que amosan pequenas realizando tarefas socialmente recoñecidas como masculinas e viceversa.

nadal igualdade

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19670486450195