Volve a Cross Ponte Romana tras dous anos de parón
O Cross Ponte Romana terá lugar o vindeiro fin de semana. Mauricio Repetto, edil de deportes afirmou que esta proba “promete ser unha desas xornadas inesquecibles para o atletismo lucense e galego”. “A proba está a ser chamada a converterse na de máis relevancia do noroeste español”, destacou.
O Cross Ponte Romana recuperase tras dous anos tras a pandemia, e faise cunha edición moi especial na que se renderá homenaxe a Mariano Castiñeira, tristemente falecido hai algo máis dun ano. O concelleiro alagou esta figura e a “súa gran labor, médico traumatólogo de profesión, que tras a súa carreira como atleta converteuse nun dos mellores adestradores do panorama galego e nacional poñendo en valor o atletismo, tanto na cidade coma na provincia de Lugo”. Lembrou, así mesmo, o papel que tivo na promoción de grandes atletas coma Tito Margaride, María Abel, Eldo e Alessandra Aguilar, Ricardo Castaño Ripoll, Alberto Alvarez Flores, Miguel Carballada, Carlos Villamor e un longo etc, á parte do propio Adrián Ben Montenegro que agora mesmo, con tan só 23 anos, converteuse no mellor oitocentista español da historia polos seus últimos resultados no Mundial de Doha (sexto) e nos JJOO de Tokyo (quinto).
A presentación tivo lugar no Hotel Forum CEAO, ademais do edil asistiron Manolo Cadramón, xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; o Deputado Provincial, Efrén Castro; en representación de Leche Rio, Jesús García e Pepe Sánchez del Valle, xerente de ChampionchipNorte.
A celebración deste evento e o seu formato queda condicionada á evolución da pandemia e á normativa vixente da RFEA no momento da súa celebración. Todos os participantes e clubes deberán cumprir o protocolo COVID-19 vixente no momento e contar co certificado Covid coa pauta completa de vacinación a condición de que pola súa idade fose citado polas autoridades sanitarias ou presentar un certificado médico de pasar a enfermidade e unha declaración responsable sobre o estado de saúde.
MARIANO CASTIÑEIRA VILASECA
Mariano Castiñeira, consumado ultrafondista, destacou en probas de 100 quilómetros, Mariano exerceu como médico na localidade da Pontenova, onde descubriría a un novísimo Tito Margaride, ao que tutelou deportivamente en toda a súa carreira e que estivo a piques de clasificar para os JJOO de Barcelona.
Da man de Mariano tamén xurdiron destacados fondistas do panorama lucense como María Abel ou Alessandra Aguilar, ambas presentes en varios JJOO ou tamén outros internacionais como Alberto Alvárez, Carlos Villamor ou Adrián Ben.
Comezou a súa carreira como adestrador no ano 1980, e foi un dos fundadores do actual club lucense de atletismo Lucus Caixa Rural. Un símbolo do atletismo galego por algo máis que polos seus labores de adestrador xa que non soamente foi o artífice da formación deportiva de grandes atletas senón o protagonista dunha forma humanista de entender o deporte e a vida.