Volve a cuarta edición do torneo do club de billar Adai
Volve un ano máis o torneo do club de billar de Adai, no Corgo, coincidindo coa feira grande. A cita, que será este sábado 22 de xuño, chega a súa cuarta convocatoria. Celebrarase en formato bola-9 a 6 partidas gañadas (7 a partir do KO directo). A participación limitouse a 48 xogadores.
Deste xeito, tamén se organiza o Break&Run fin de tempada, no que realizarán sorteos ata acabar co bote completo que roza os 1500. A cuota de inscrición é de 30+5 extra para os non socios (no caso de xogadores de categoría junior a inscrición redúcese a 10+5). Así mesmo repartiranse o total das inscripcións en premios para os 8 primeiros clasificados: 600 para os gañadores, 280 para os que queden en segundo lugar e 130 e 75 para os que ocupan a terceira e cuarta posición respectivamente.