Volve a Feira de Oportunidades a Monterroso con 500 euros en premios
A campaña desenvolverase os días 8 e 9 de abril, dentro do evento Feira de Oportunidades. O concello proporcionará aos negocios participantes as papeletas, urnas e distintivos para desenvolver o sorteo, estes deberán cubrir o recadro correspondente para coñecer a procedencia das papeletas.
Non se poderán presentar ao sorteo os titulares dos comercios participantes, se son persoas físicas ou se os empresarios son persoas xurídicas, os socios, os seus familiares directos (cónxuxes, ascendentes ou descendentes en primeiro grado) ou os seus empregados, con papeletas obtidas por compras no seu propio establecemento.
Considéranse papeletas válidas as que conteñan todos os datos requiridos para a identificación dos participantes (nome, apelidos e teléfono) para así poder localizalos para realizar a entrega do premio.
O sorteo realizarse o día 11 de abril ás 11:30 no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido por redes sociais.
O premio serán 10 vales dun valor de 50 euros cada un.
INSCRICIÓN
Os comerciantes poderán inscribirse a través do correo electrónico concursos.concello.monterroso@gmail.com antes do martes, 5 de abril indicando Razón Social e teléfono. O día 7 distribuiranse entre os negocios participantes os distintivos e tickets correspondentes, e o 8 comezarán a distribuilos entre os seus clientes.