Volve a Feira do Cabalo de Castro Ribeiras de Lea outro ano máis
LugoXa | TerraChaXa
A tradicional Feira do Cabalo de Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei, volve outro ano máis co obxectivo de xuntar os 400 animais doustras edicións.
30 Ago 2023
A tradicional Feira do Cabalo de Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei, volve outro ano máis co obxectivo de xuntar os 400 animais doustras edicións.
A feira, que se celebrará no mercado gandeiro e a súa contorna será o sábado 2 de setembro e a apertura do recinto para a entrada dos animais participantes está programada para ás 8.00 horas.
A partir das 11.00 haberá probas de andadura non federadas e a xornada incluirá música e postos de venda con artigos de equitación, artesanía e os típicos de feira. Tamén haberá postos de comida con polbo e actividades para nenos.
O Concello vai entregar un agasallo a todos aqueles visitantes que vaian a cabalo á feira.