Volve a formación viaria no parque da Milagrosa que chega a preto de 300 estudantes de Lugo

LugoXa
Seis colexios recibirán formación en educación viaria ata final de curso da man dun programa posto en marcha pola Tenencia de Alcaldía en colaboración coa DXT
educacion_viaria_parque_milagrosa_lugo
Deu comezo a formación viaria para o alumnado de Lugo
25 Maio 2024

Preto de 300 estudantes de 6 colexios de Lugo recibirán formación en educación viaria ata final de curso. No Parque Infantil de Tráfico ubicado no Parque da Milagrosa comezaron os cursos de educación viaria para escolares postos en marcha pola Tenencia de Alcaldía en colaboración coa DXT.

"Coa posta en marcha destes cursos recuperamos o funcionamento do PIT e traballamos na formación das nenas e nenos, obxectivo principal desta instalación", afirmou Maite Ferreiro, que engadiu "de cara aos vindeiros cursos continuaremos a traballar para chegar a todos os centros de ensino que o desexen e traer a esta instalación ao maior número de estudantes posible"

A Tenencia de Acaldía e a DXT traballarán para "achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar tamén aos centros de ensino".

0.19377899169922