Volve a proba Extreme Suarna o vindeiro 30 de novembro
LugoXa
Así, o sábado 30 de novembro terá lugar a ruta no monte, como o ano pasado

3 Nov 2024
O Concello de Navia de Suarna acolle o vindeiro 30 de novembro o Extreme Suarna, unha proba para motos, quads e ATV.
Así, o sábado 30 de novembro terá lugar a ruta no monte, como o ano pasado, que comezará ás 7.30 horas coa recollida de dorsais e ás 8.30 será a saída escalonada dos participantes.
A media mañá farase un picnic e ás 18.00 horas chegarán os primeiros participantes. Pola noite poderase desfrutar dunha cea e sorteos así como dun DJ.
Para máis información e inscricións haberá que chamar ao 664 298 148.