Volve ao Corgo o II Mercado de Oficios
Esta fin de semana o Corgo acollerá a segunda edición do Mercado de Oficios que se celebrará xunto a cámara agraria.
Este mercado contará con exposición de maquinaria nova e usada, exposición de artesanía, exposición de coches de rally e mercadillo e rastrillo de cousas usadas.
A inauguración terá lugar o sábado 26 ás 12.00 a cargo de alcalde do Corgo para continuar ás 13.00 coa sesión vermú amenizada polo Dúo Estrellas.
Ás 14.00 haberá un sorteo dunha esta agasallo e a sesión de tarde dará comezo ás 18.00 tamén a cargo do Dúo Estrellas.
O domingo a xornada dará comezo ás 11.00 cunha misa na igrexa de San Xoán do Corgo e ás 11.30 terá lugar a actuación do grupo Legua Dereita.
Este ano o pregón o pregón será ás 11.50 e ás 14.00 haberá un novo sorteo dunha cesta agasallo.
Ás 16.00 dará comezo a actuación da Charanga Louband e para finalizar a programación ás 17.30 celebrarase o sorteo dunha becerra.