Volve en abril a Feira Medieval de Fontiñas
Unha nova edición da Feira Medieval de Fontiñas terá lugar os días 8, 9 e 10 de abril. O tenente alcalde Rubén Arroxo visitou a praza do Camiño Primitivo, un dos puntos principais desta feira, xunto co concelleiro de infraestruturas, Alexandre Penas e o presidente da Asociación de Hosteleiros de Fontiñas.
Rubén Arroxo anunciou que as distintas áreas da Tenencia de Alcaldía colaborarán “achegando a infraestrutura técnica precisa para o desenvolvemento da Feira, ademais de colaborar coa animación musical do evento”, e destacou a importancia desta actividade “xa consolidada no calendario cultural de Lugo, que volve despois do parón producido pola crise sanitaria”.
A avenida das Fontiñas e a praza do Camiño Primitivo volverán á idade media entre o 8 e o 10 de abril. Distintas actividades de animación e unha nova edición do Mercado Medieval volverán congregar no barrio á veciñanza e ás persoas que se acheguen a Lugo na busca da mellor artesanía, produtos de alimentación e mostras de recreación histórica