Volve en xullo a Rozas o Criterium Aeuronáutico e a Volta Aérea a Galicia

TerraChaXa | LugoXa
O Real Aeroclub de Lugo recupera este ano o Criterium Aeronáutico de Galicia e a Volta Aérea a Galicia os días 22, 23 e 24 de xullo.
criterium aeronautica rozas portada
14 Jun 2022

O Real Aeroclub de Lugo recupera este ano a celebración do Criterium Aeronáutico de Galicia e a Volta Aérea a Galicia, que terá lugar durante os días 22, 23 e 24 de xullo. Trátase de dous eventos aeronáuticos nos que se darán cita no aeródromo de Rozas unha multitude de aeronaves, pilotos e curiosos.

O Criterium Aeronáutico, que se consolidouse como un dos eventos aéreos máis importantes no panorama nacional, nace fai 15 edicións co obxectivo de achegar o mundo aeronáutico a todo aquel que queira ver as distintas exposicións ou a participar nas diversas actividades. Como sempre, haberá paracaidismo (imprescindible reservar praza), os voos de introdución, avións acrobáticos, simulador de voo e todo tipo de exposición de aeronaves (históricas, contemporáneas, institucionais, drons, RPAS e un longo etcétera).

A Volta Aérea a Galicia alcanza este ano a súa edición número 37, tradicional rallye aéreo galaico-portugués onde todos os pilotos que queiran participar poderán medir as súas habilidades aos mandos das súas aeronaves. Trátase dunha proba incluída no calendario deportivo de 2022 da CTNULM, aprobado pola Real Federación Aeronáutica Española. A inscrición está aberta e pode facerse no Real Aeroclub de Lugo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18201208114624