Volve o campamento de verán do Vello Cárcere

LugoXa
Regresa así a programación de verán que organizan conxuntamente os departamentos da Biblioteca e do Espazo de Lecer para rapaces e rapazas empadroados no Concello
nenos-xogando
Imaxe de arquivo
5 Xuño 2024

Volve o campamento de verán do Vello Cárcere. Regresa así a programación de verán que organizan conxuntamente os departamentos da Biblioteca e do Espazo de Lecer para rapaces e rapazas empadroados no Concello de Lugo, nados entre os anos 2012 e 2020.

As actividades organizaranse por quendas quincenais de 20 prazas, comprendidas entre o 1 de xullo e o 6 de setembro de 2024, de luns a venres de 10.00 horas a 14.00 horas.

As familias interesadas poderán solicitar praza dende o luns 3 de xuño ás 11.00 horas ata o mércores 12 de xuño ás 20.00 horas. Os interesados poden solicitar máis información no Para máis información no 982 297 195 ou a través do correo vellocarcere@lugo.gal.

campamento_vello_carcere
0.063955068588257