Volven as visitas turísticas de balde, ao casco histórico de Lugo

LugoXa
O Concello de Lugo programa, de novo, as visitas turísticas gratuitas ao casco histórico da cidade e ao arte urbano.
visitas teatralizadas vello cárcere
2 Jun 2022

O Concello de Lugo oferta novas visitas turísticas durante o verán. Así o anunciou hoxe a concelleira de Cultura e Turismo, Maite Ferreiro, quen explicou que estas visitas irán destinadas “tanto para a veciñanza de Lugo como para todas as persoas que nos visiten”.

A área de Cultura ofertará as visitas que se celebrarán ata o vindeiro 30 de setembro, de xeito gratuíto, os venres, sábados e domingos, a todas as persoas que o desexen, ata cubrir a cabida de cada grupo.

“Realizaranse percorridos innovadores polas distintas mostras de arte urbano de Lugo, ademais das visitas habituais polo casco histórico que mostrarán o noso patrimonio histórico e cultural”, afirmou a Concelleira de Cultura.

As visitas requerirán de inscripción previa, que se poderá realizar na oficina de Turismo Municipal tanto de xeito presencial como a través do teléfono 982 251 658.

TEATRO

Maite Ferreiro anunciou tamén que este sábado 4 de xuño comezan as visitas teatralizadas ao Centro Socio Cultural O Vello Cárcere. A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e Achádego Teatro presentan un percorrido pola historia de tan singular edificio dende a súa construción e primeiros usos até a súa conversión actual en Centro Sociocultural.

A visita teatralizada, dunha hora de duración, levará aos visitantes a outra época, xogará co tempo e o espazo para poder ofrecer unha mostra da nosa historia, non so do Cárcere, senón da propia cidade na que a mesma leva presente dende finais do século 19. Nemesio Cobreros, Jeremy Bentham, Enriqueta Otero, Rafael de Vega, Gregorio Sanz e moitas outras personaxes construirán un relato vivo do que nesa Cárcere aconteceu e da historia da mesma e a súa relación coa cidade.

A primeira visita será este 4 de xuño ás 12:30 horas e completaranse, nun primeiro momento con outras dúas, unha no mes de xullo e outra en setembro.

Aquelas persoas que queran apuntarse e disfrutar da experiencia poden facelo a través do teléfono do Vello Cárcere; 982 29 71 95 ou no correo electrónico; vellocarcere@lugo.gal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1882688999176