Volven os cursos de ximnasia e natación para maiores de 65 anos en Frigsa
O Concello de Lugo retoma os cursos trimestrais de ximnasia e natación dirixidos a maiores de 65 anos no polideportivo de Frigsa, garantindo todas as medidas de seguridade-hixiénico-sanitarias impostas pola Xunta de Galicia.
Os cursos organizaranse con grupos de ata seis persoas, máis o monitor. Os cursos de ximnasia impartiranse os luns e mércores, e os de natación, os venres. Os horarios de ambos os dous serán de mañá, ás 09.00h, 10.00h, 11.00h e 12.00h, e terán un custe de 7,90 euros. Os nadadores teñen á súa disposición monitores especializados que poderán ofrecerlles unha táboa de exercicios para completar a súa preparación.
As medidas sanitarias de control inclúen o control no acceso (entrada e saída), mentres que o límite de aforo está fixado nun 50% co fin de manter sempre a distancia de seguridade interpersoal.
As solicitudes para estas modalidades poderán presentarse a partir de hoxe, 14 de setembro, e deberán presentarse nas mesmas oficinas de Frigsa, entre as 09.00 e as 14 horas. As prazas serán adxudicadas setembro por rigorosa orde de inscrición. As prazo de matrícula estará aberto do 27 ao 29 de setembro.