Volven os quioscos da Praza Maior e Santo Domingo

LugoXa
Volverán a entrar en funcionamento os quioscos situados na Praza Maior e en Santo Domingo para estar operativos antes de verán
Kiosko Plaza Maiora
Kiosko Plaza Maiora
15 mar 2023

Esta semana en Xunta de Goberno Local terá lugar a adxudicación da explotación dos quioscos da Praza Maior e Santo Domingo, coa vontade de que ámbolos dous poidan estar operativos antes do verán.

A licitación, que estivo reservada a centros especiais de emprego e iniciativa social, será outorgada a Kioscos de Galicia por un prazo de doce anos e cun canon anual de 1.368 euros cada un.

Con esto preténdese restablecer unha actividade demandad e ademais as instalacións disporán tamén de aseos gratuítos e totalmente accesibles.

A alcaldesa fixo fincapé igualmente en que “a súa apertura nos permite avanzar na integración laboral de colectivos vulnerables e fomentar non só o emprego senón tamén unha inclusión social efectiva como xa estamos a facer dende outras áreas e a través doutras prestacións ou iniciativas como son o Plan de Embelecemento Urbano ou o programa Muramiñae Rehabilita”.

Os quioscos poderán funcionar todos os días do ano, como mínimo dende 08.30 a 20.30 horas, agás o 24 e 25 de decembro e o 1 de xaneiro que poderán permanecer pechados.

As casetas serán dunha tipoloxía e medidas similares ao modelo que había anteriormente para adaptarse á normativa vixente no Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) e "estarán aloxadas nos seus emprazamentos anteriores por considerarse estes como os máis axeitados, tanto polo arraigo que tiña o servizo nestes puntos como pola súa utilidade – ao ser dúas localizacións céntricas e con moita afluencia – e pola súa conveniencia, xa que así non resulta necesario executar obra nova para a súa conexión ás redes de subministración enerxética e de distribución e saneamento de augas”, referiu Alvarellos Fondo.

A concelleira responsable da área económica do Concello aclarou tamén que tanto o enganche como o consumo de electricidade correrá a cargo do beneficiario da autorización que terá, entre as súas obrigas, que facer fronte á conservación do dominio público outorgado en condicións de aseo, seguridade, salubridade e ornato público correspondéndolle, alén, manter os baños ou latrinas en correctas condicións de hixiene e limpeza.