Volven pechar os parques de Lugo pola alerta de fortes ventos
LugoXa
O Concello de Lugo informa de que, novamente, nesta xornada a área de Transición Ecolóxica e Impulso Rura procederá a pechar os parques da cidade nas próximas horas ante a chegada – a partir das 15:00h horas - dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO, por ventos que poden deixar refachos de até 80 km/hora e que afectarán á Mariña e Centro de Lugo.
18 Out 2023

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Marcos Cela e A Milagrosa, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.
Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.