Xa está aberto o prazo de matrícula para o PAI de Pol
LugoXa | TerraChaXa
Esta pode facerse nas oficinas do Concello, no propio PAI ou na sede electrónica

Nenos xogando
18 Jul 2025
O Concello de Pol xa ten aberto o prazo de matrícula para o curso 2025/2026 no Punto de Atención á Infancia (PAI), para nenos maiores de 3 meses e menores de 4 anos que xa fixeron a reserva de praza.
Os que xa estiveron no PAI durante este curso e queren seguir non deberán solicitar praza porque xa a teñen concedida. O resto de menores presentarán a documentación requerida e publicada na páxina web.
A matrícula pode facerse nas oficinas do Concello, no propio PAI ou na sede electrónica.