Xa está aberto o prazo para participar na campaña ‘Merca en Monterroso’ polo Nadal

O Concello de Monterroso puxo en marcha unha nova edición da campaña Merca en Monterroso coincidindo co Nadal, unha proposta destinada a dinamizar o comercio local e incentivar as compras no municipio.
As inscricións para que os establecementos poidan participar están xa abertas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e manteranse dispoñibles ata o 21 de novembro.
A iniciativa desenvolverase entre o 1 de decembro e o 6 de xaneiro, sempre que se acade un mínimo de doce negocios inscritos. Durante este período, as persoas que realicen compras nos comercios adheridos participarán en sorteos de vales, que se celebrarán o 23 de decembro e o 7 de xaneiro, co obxectivo de premiar a fidelidade da clientela e apoiar a actividade comercial durante a campaña navideña.