Xa están en marcha as obras de mellora de saneamento do Cebreiro
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, inicia as obras de rehabilitación do sistema de saneamento do núcleo do Cebreiro, situado no municipio lucense de Pedrafita do Cebreiro.
Na actualidade, O Cebreiro dispón dun sistema de saneamento de funcionamento unitario que recolle as augas pluviais de escorrentía captadas polas reixas para mesturalas coas augas residuais, sendo este sistema o máis común en núcleos de poboación illados. A problemática estiva en que o exceso de caudal en tempo de choiva xera un funcionamento incorrecto do sistema de depuración.
O obxectivo é transformar o sistema unitario nun separativo de nova construción, de maneira que as augas residuais sexan conducidas á EDAR, mentres que as pluviais derívense da rede para ser entregadas directamente ao medio natural, sen que se produzan afeccións sobre o medio ambiente.
“O valor patrimonial deste lugar, situado nos Ancares lucenses, obriga á utilización de materias autóctonos que se integren na beleza e características peculiares dunha zona cargada de lendas, tradicións, cultura e historia” explicou Quiroga.
As actuacións proxectadas supoñen un investimento estimado de 670.000€, sufragados na súa totalidade polo organismo de conca e serán executadas no prazo de 6 meses.
“A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para preservar e mellorar a calidade das augas dos nosos leitos fluviais, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canle de comunicación máis directo e claro, polo coñecemento que posúen das necesidades reais do municipio ao que representan” concluíu o presidente.