Xa están publicados os horarios dos concertos por días do Caudal Fest de Lugo

A cidade de Lugo acollerá unha nova edición do Caudal Fest, un dos encontros musicais máis esperados do verán, que se celebrará os días 19 e 20 de setembro.
recinto abrirá as súas portas o venres ás 17:00 horas e o sábado ás 17:45 horas, dando comezo a dúas xornadas cheas de música en directo nos dous escenarios principais: o Estrella Galicia e o Cutty Shark.
O venres 19, a programación arrancará no Escenario Estrella Galicia con Lisdexia ás 17:30 horas, mentres que no Cutty Shark subirá ao escenario Yarea a partir das 18:10. O relevo tomarao Duncan Dhu ás 19:00 no Estrella Galicia, seguido de Vega, que actuará ás 20:00 no Cutty Shark. Xa entrada a noite, un dos pratos fortes será Love of Lesbian, que ofrecerá o seu concerto de 21:10 a 22:40, antes de que Carlos Ares tome o Cutty Shark de 22:40 a 23:30. Á medianoite, será a quenda de Dani Fernández no Estrella Galicia ata as 00:45, e a festa continuará con Dollar Selmouni no Cutty Shark ata as 01:35. Pecharán a xornada Niña Polaca, que tocarán de 01:35 a 02:35, e Kike Varela, encargado de poñer o broche final no Cutty Shark ata as 03:35.
O sábado 20 abrirase a programación no Escenario Cutty Shark con Músculo! ás 18:20, mentres que ás 19:00 chegará a quenda de Chicle no Estrella Galicia. Seguidamente, Merino actuará de 19:40 a 20:30, dando paso a unha das artistas máis agardadas, Zahara, que subirá ao escenario principal ás 20:30. Xa ás 21:30 será o turno de Marlon, antes de que Melendi protagonice un dos concertos máis esperados da noite, de 22:20 a 23:50. Despois, a festa continuará co directo de The Rapants, que actuarán de 23:50 a 00:40, e con Carolina Durante, que tomarán o Estrella Galicia de 00:40 a 01:40. O final da noite quedará en mans de Alcalá Norte, de 01:40 a 02:30, e Elyella, que poñerán o peche definitivo ao festival cun set de 02:30 a 03:30.
Con este cartel variado, no que se mesturan artistas consolidados e novas promesas, Lugo converterase na capital da música durante dúas noites que prometen ser inesquecibles.