Xa hai gañadores do certame das Letras Galegas de Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
A Biblioteca pública de Outeiro de Rei deu a coñecer a relación de premiados no Certame de Narración e Debuxo infantil das Letras 2021.
concurso poesia
28 Maio 2021

A Biblioteca pública municipal de Outeiro de Rei deu a coñecer a relación de nenos e nenas premiados no Certame de Narración e Debuxo infantil das Letras 2021 na súa convocatoria local.

Así, na categoría de debuxo resultaron premiados na categoría A, ata 8 anos, Yanira Casanova Sánchez, Iago Río Pernas e Alicia González Núñez cun accesit para Dolores T. Otero Fidelis.

Na categoría B, para nenos entre 9 e 11 anos, os premios foron para Paula Novás Fernández, Daniel Vidal Martínez e Lara García Pérez tamén cun accesit que foi para Uxía Pin Barreiro e Cora Hernández Souto.

En narración tamén houbo fallo para a única categoría en concurso, a B. Gañaron Diana Lakshmi Batigué Andrade, Galia Cabarcos Varela e Iris Peña Piñeiro con accésit para Iratxe Totoricabuena Rodríguez.

0.19749307632446