Xa hai gañadores do X Concurso de Tapas da Fonsagrada
O Concello da Fonsagrada informou do resultado no 10° Certame de Tapas que se celebrou do 27 de xuño ao 1 de xullo e no que cada establecemento presentou unha tapa.
Na valoración das tapas tívose en conta o mellor sabor e a mellor presentación e os participantes puideron votar cunha cartilla e ir selandoa nos establecementos no momento da consumición.
Así, o premio ao mellor sabor foi para o Café Bar Demetrio, a mellor presentación recaeu no Restaurante Cantábrico, o premio doado polos hostaleiros con 225 euros foi para José Manuel López López, e os premiados cun reloxo intelixente foron Vanesa Fernández Álvarez e Pablo Landrove Gómez.
Con esta cita, os hostaleiros da Fonsagrada buscan contribuír a promocionar e potenciar a actividade do sector de restauración do municipio.