Xa se pode consumir auga da traída nas catro parroquias de Castro
TerraChaXa | LugoXa
O alcalde de Castrop de Rei, Francisco Balado, aunciou onte que xa se pode volver consumir a auga da traída nas catro parroquias.
29 Xul 2022
O alcalde de Castrop de Rei, Francisco Balado, aunciou onte mediante un bando que xa se pode volver consumir a auga da traída nas catro parroquias afectadas polo verquido de purín.
As parroquias afectadas son as de Ramil, Azúmara, Balmonte e San Martiño de Goberno.
Segundo explica, o verquido tivo lugar nas inmediacións da captación de auga que abastece ás citadas parroquias e a recomendación durou 5 días aínda que o concello esperou ao resultado das análises antes de anunciar que a auga volve ser apta para o consumo.