Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez organizan un campamento en setembro

LugoXa
O obxectivo que se persegue con este programa é a de fomentar a práctica do xadrez entre os pequenos da cidade e provincia
Imaxe recurso de xadrez
Foto recurso
29 Ago 2024

A Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez organizan por sétima vez o Campamento de Xadrez de Verán. O obxectivo que se persegue con este programa é a de fomentar a práctica do xadrez entre os pequenos da cidade e provincia e contribuír a alcanzar os beneficios que este trae consigo na formación integral dos participantes. Ao mesmo tempo, queren facilitar a vida laboral e familiar dos lucenses.

O campamento será no CEIP IIla Verde desde o 2 ao 6 de setembro en horario de nove da mañá ás catorce horas, podéndose ampliar desde as oito ás nove e desde as 14 horas ás 15 horas. Existen prazas limitadas polo que para levar a cabo a inscrición poderase levar a través do correo electrónico xaquedrum@gmail.com ou no teléfono 657 974 937.

Deste xeito, farán diferentes propostas relacionadas co xadrez e, ao mesmo tempo, actividades de tempo libre, manualidades, conta contos ou actividades deportivas adaptadas á idade de cada grupo. O custo do campamento será de 65 euros con descontos para os que participaron nos outros campamentos deste verán, tamén por segundo irmán, por ser alumno de Illa Verde ou membro da Escola Luguesa de Xadrez. Ademais de aprender a xogar ao xadrez, os nenos farán o seu propio xadrez e farán pezas con material reciclado.

Dividiranse en tres grupos, xadrez divertido dirixido para nenos e nenas de catro anos a sete anos, xadrez máxico para mozos e mozas de sete anos a doce anos e o VI Campus de Xadrez dirixido aos mozos e mozas de trece a dezaseis.  Mentres que os de 4 a 7 anos terán clases de xadrez, recortarán, pintarán, xogarán e crearán pezas de xadrez con material reciclado, farán actividades de tempo libre, conta contos, xogo de paracaídas ou teatro.

Os de 8 a 12 anos participarán en concursos, torneos e xogos, ademais de asistir a clases. E faranse actividades de tempo libre, deportivas e manualidades.  Tamén bota a andar un campus de xadrez dirixido a mozos e mozas de 13 a 16 anos, os cales, neste campus danse clase de xadrez , levan a cabo torneos entre os participantes, actividades de tempo libre e actividades deportivas.

0.19660806655884