Zelinda Spencer e Martín Cando foron os gañadores da San Silvestre Vilalbesa

TerraChaXa | LugoXa
A VIII San Silvestre Vilalbesa reuniu no Concello de Vilalba a 350 participantes de todas as idades e de todas as parroquias do municipio, que desfrutaron dunha carreira e andaina polas rúas da vila.
31 Dec 2023

A VIII San Silvestre Vilalbesa reuniu no Concello de Vilalba a 350 participantes de todas as idades e de todas as parroquias do municipio, que desfrutaron dunha carreira e andaina polas rúas da vila.

A alcaldesa, Marta Rouco, tamén participou nesta edición e quixo agradecer a todas as persoas participantes a súa asistencia, xa que "foi unha forma estupenda de rematar o ano".

En categoría absoluta feminina, a gañadora foi Zelinda Spencer; Iria Fernández, segunda, e Carmen Rábade, terceira. Mentres, en categoría absoluta masculina, o gañador foi Martín Cando, Manuel Folgueira, segundo, e Aaron Crende, terceiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18035101890564