Xesús Trashorras presentará o seu libro 'Paseando Canguros' en Castroverde
Paseando canguros un libro de Xesús Trahorras será presentado no salón de actos do C.P.I. de Castroverde o próximo venres 18 de febreiro ás 20.00 horas. O autor estará acompañado por María Pilar Ferreiro Villar, conselleira-delegada de Cultura, Deporte e Xuventude do Concello de Castroverde, Ánxela Gracián escritora e tradutora e Manuel Vázquez autor do prólogo.
Os relatos que se atopan ao longo das páxinas desta obra tratan de personaxes ou sucesos, entre a realidade e a ficción, case sempre cunha carga humorística salientable, onde directa ou indirectamente o autor vai deixando ao descuberto parte da súa vida, pero sobre todo, das súas filias e fobias
Xesús Trashorras Nogueira adicou a súa vida a ensinanza, foi mestre en varias localidades do occidente de Asturias e na última época da súa vida profesional no eido da educación achegouse máis as súas orixes dando clase no Corgo, Friol ou Nadela. A día de hoxe está xubilado.
Participou en distintos proxectos colectivos como Mesturas, Roteiros das artes, entre outros. No 2017 publicou o seu primeiro libro de poemas “O silencio do orballo” para, no ano seguinte publicar “A chamada de Brigid.
SINOPSE
Teño que dicilo claramente. Son un psicópata. Non de nacemento, iso non. Antes fun gato, dos de catro patas. Un gato vulgar, sen dono, vagabundo, montaraz...E case sen darme conta, da noite para a mañá, vinme convertido nun psicópata, dos de dúas patas. Un psicópata elegante, cariñoso, listo e de boa presenza. Un auténtico psicópata, dos que usan chapeu, bastón, e paraugas, aínda que non chova.
Oxalá chegue a ser algún día un Coltrane, ou un Charlie Parker, xa me vale.